DO TRADICIONAL AO MODERNO
VERSIÓNS ACTUAIS
ALGO DE HISTORIA
Anota as diferenzas máis notables. 📝
💡En grupos, podedes comparar e compartir a vosa información.
📚 Comparación sociolingüística
Descubre a realidade sociolingüística das linguas peninsulares e anota as diferenzas.
🔵
O euskera é unha lingua preindoeuropea falada a ambos os dous lados dos Pirineos. É unha lingua que conviviu e perdurou entre linguas grandes e hexemónicas.
O euskera atópase dividido administrativamente por dúas comunidades do Estado español: os territorios de Araba, Guipúscoa e Biscaia son parte da Comunidade Autónoma Vasca (CAV) e Navarra forma a Comunidade Foral de Navarra. No Estado francés, o territorio natural do euskera pertence ao Departamento dos Pirineos Atlánticos, que á súa vez pertence a unha estrutura administrativa maior, a Rexión de Nova Aquitania.
Réxime xurídico:
- No Estado francés, o euskera non ten carácter oficial.
- Na Comunidade Autónoma Vasca o euskera é oficial como o castelán.
- Na Comunidade Foral de Navarra o euskera é oficial só nunha parte do territorio.
A comunidade do euskera está formada por máis dun millón de falantes.
Evolución positiva: O número e a porcentaxe de persoas vascofalantes da CAV duplicouse: pasou de 431.136 persoas vascofalantes (21,9%) en 1981 a 897.878 (42,5%) en 2021. En Navarra, o 14,1% da poboación de 16 anos ou máis é vascofalante.
As persoas vascofalantes, anteriormente, eran na súa maior parte persoas maiores. Hoxe en día, o euskera é unha lingua nova; a poboación nova representa a maior parte de quen coñece a lingua, e a metade aprendeuno principalmente na escola.
Causas da evolución: Recoñecemento oficial do euskera, actitude positiva da sociedade, traballo do sistema educativo e ensino a persoas adultas.
🟢
En termos históricos, pódese definir o galego como a lingua resultante da evolución do latín implantado polos soldados e colonos romanos no noroeste da península Ibérica entre os séculos I e VI da nosa era.
Entre os séculos VIII ou IX xorde o galego. Nesta nova lingua, de raíz románica pero distinta do latín, deixaron pouca pegada as linguas faladas con anterioridade á invasión romana, agás na toponimia.
Desde entón e ata mediados do século XX, o galego foi a lingua falada maioritariamente polos habitantes da área xeográfica da actual Galicia, así como das zonas occidentais do Principado de Asturias e das provincias de León e Zamora.
O documento literario en galego máis antigo que chegou ata nós é o poema satírico «Ora faz ost’o senhor de Navarra», de finais do século XII.
Dáselle o nome de Rexurdimento ao importante movemento de renovación cultural que tivo lugar na segunda metade do século XIX. O libro de poemas Cantares Gallegos (1863), de Rosalía de Castro, é a primeira obra contemporánea escrita integramente en lingua galega.
O maior avance no status social do galego prodúcese a partir do último cuarto do século XX. Na actualidade, o galego segue sendo unha lingua con gran vitalidade na sociedade galega (2.712.132 habitantes).
Competencia lingüística (poboación 15-29 anos):
- 84,52% sábeo falar
- 92,8% enténdeo oralmente
- 91,7% sábeo ler
- 83,8% sábeo escribir
O galego, que foi o código de expresión das persoas que habitaron Galicia durante os últimos mil anos, está en condicións de seguir sendo unha lingua viva durante os mil anos futuros.
🔷
O catalán é unha lingua indoeuropea descendente do latín que forma parte da familia das linguas románicas occidentais como o francés, o occitano, o retorrománico, o castelán, o galego ou o portugués.
Como lingua románica occidental, o catalán ocupa un lugar intermedio entre o grupo galorrománico (francés, occitano) e o iberorrománico (castelán, galego e portugués).
En Cataluña hai tres linguas oficiais: o catalán, o castelán e o occitano (aranés no Val de Arán).
Ao longo dos últimos corenta anos, leváronse a cabo políticas de normalización lingüística entre as que destacan a normalización da administración, a creación do modelo escolar de conxunción en catalán e os programas de inmersión, ou o impulso do catalán nos medios de comunicación.
Competencia lingüística en Cataluña:
- 96% da poboación entende o catalán
- 89,5% (6.687.912 persoas) sábeo falar
- 82,2% sábeo escribir
Nas Illas Baleares: O catalán chegou no ano 1229, tras a conquista de Mallorca por parte de Jaume I o Conquistador. Ramon Llull é considerado o creador do catalán literario.
Competencia lingüística nas Illas Baleares:
- 87,8% da poboación entende o catalán
- 77,8% (927.264 persoas) sábeo falar
- 69,1% sábeo escribir
Na Comunidade Valenciana, os primeiros textos en valenciano datan da idade media, durante o século XIII, tras a creación do Reino de Valencia por parte de Jaume I o Conquistador. As terras valencianas foron repoboadas por xente de procedencia diversa, sobre todo de Aragón e Cataluña.
Un dos períodos máis esplendorosos para o valenciano foi o Século de Ouro, s. XV, durante o cal se elaboraron obras literarias de gran calidade como a poesía de Ausiàs March ou a famosa novela de cabalarías Tirant lo Blanch, de Joanot Martorell.
Nos séculos posteriores, o valenciano comezou a perder prestixio fronte ao castelán, pero mantívose vivo a nivel popular ata os nosos días e continuou sendo oficial no ámbito institucional ata o inicio do século XVIII.
No século XIX e a principios do XX, produciuse un renacemento que promoveu o seu uso literario e cultural; destacan os autores Teodor Llorente e Constantí Llombart.
Actualmente, o valenciano é oficial xunto co castelán, e promóvese o seu uso a través do ensino, os medios de comunicación e a vida pública. É unha lingua viva e dinámica.
A Comunidade Valenciana ten delimitadas, por lei, dúas zonas lingüísticas:
- Zona de predominio lingüístico valencianofalante: 87% da poboación
- Zona de predominio lingüístico castelanfalante: 13% da poboación
O total da poboación da Comunidade Valenciana en 2024 era de 5.319.285 persoas.
Competencia lingüística (poboación 15-34 anos en territorio valencianofalante):
- Máis do 95% entende o valenciano
- Máis do 75% sábeo ler e falar
- Máis do 70% sábeo escribir