BENVIDO AO SITIO WEB DA FUNDACIÓN ASMOZ DE EUSKO IKASKUNTZA

POR FAVOR, LE ESTAS CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO ATENTAMENTE. AO USAR ESTE SITIO ESTÁS MANIFESTANDO A TÚA ACEPTACIÓN CON ESTAS CONDICIÓNS. SE NON AS ACEPTAS, ROGÁMOSCHE QUE NON USES O SITIO.

  • Condicións de uso e aceptación
  • Características do SITIO
  • Obrigacións do USUARIO
  • Exclusión de garantías
  • Responsabilidade
  • Propiedade Intelectual e Industrial
  • Procedemento de notificación de infraccións
  • Datos persoais
  • Notificacións
  • Exhaustividade
  • Renuncia
  • Duración e terminación
  • Lei aplicable e xurisdición

CONDICIÓNS DE USO E ACEPTACIÓN

Ao utilizares o sitio da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, adquires a condición de USUARIO. A utilización do sitio e de calquera dos seus produtos, contidos e servizos significa a súa ACEPTACIÓN, como usuario, sen reservas de ningunha clase, de todos e cada un dos termos de uso que rexan a prestación do devandito produto, contido e servizo.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza infórmate de que certos contidos, servizos e/ou produtos poden atoparse sometidos a CONDICIÓNS ESPECIFICAS, que postas previamente no seu coñecemento e, segundo os casos, substituirán e/ou modificarán as condicións xerais aquí recollidas. O acceso e utilización dos devanditos contidos, produtos e servizos implica a túa ACEPTACIÓN da condicións específicas existentes no momento do seu acceso, que quedan incorporadas ás condicións xerais. En caso de existir unha contradición entre os termos e condicións manifestados nas Condicións xerais e nas Condicións específicas, prevalecerán sempre as condicións acordadas neste último instrumento respecto daqueles termos incompatibles, e tan só respecto daqueles contidos, servizos e/ou produtos sometidos á devandita regulación específica.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza poderá, en calquera momento e sen aviso previo, modificar as condicións de uso dos seus produtos, contidos e servizos, e introducir novas condicións. Por favor, revisa os termos e condicións de uso periodicamente.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ofrece os seus contidos, produtos e servizos tal como se presentan.

CARACTERÍSTICAS DO SITIO

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza facilítache como USUARIO o acceso a unha ampla gama de recursos en liña a través do SITIO, entre os que se inclúen a título enunciativo:

Servizos de Información.- Son os servizos do SITIO que poñen á túa disposición contidos informativos de diversa índole. Servizos de cursos e xornadas interactivos.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza resérvase a facultade de alterar sen aviso previo e en calquera momento a presentación e configuración do SITIO, así como os contidos, produtos e servizos. Como usuario, recoñeces e aceptas que en calquera instante a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza poida suspender, desactivar e/ou suprimir calquera dos servizos, produtos e/ou contidos que integran o SITIO.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza esforzarase para tentar garantir a dispoñibilidade e accesibilidade do SITIO con continuidade. Con todo, pode suceder que os cambios de dirección, o establecemento de novas conexións, a actualización do SITIO ocasionen interrupcións polo tempo que resulte necesario para realizar as devanditas tarefas.

OBRIGACIÓNS DO USUARIO

Como usuario, estás obrigado a usar o SITIO de forma dilixente e correcta e comprométeste a non utilizar o SITIO para a realización de actividades contrarias á lei, á moral, aos bos costumes aceptados e/ou con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros, declinando EI/SEV calquera responsabilidade que de todo iso puidese derivarse.

Como usuario recoñeces e aceptas que o uso do SITIO sexa efectuado con fins privados e particulares e queda expresamente prohibido que uses ou incorpores, como unha actividade empresarial propia, os contidos, servizos e produtos do SITIO.

Como usuario, debes absterte de alterar ou manipular as mencións de © e demais datos identificadores de dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ou dos titulares de contidos incorporados ao SITIO, así como dos dispositivos técnicos que puidese haber de protección.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, en ningún caso, outorga garantía nin implícita nin explícita sobre os servizos, produtos e/ou contidos do SITIO nin sobre o propio SITIO. Así, a título meramente enunciativo, a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza non garante:

A dispoñibilidade e continuidade, en todo momento e desde calquera lugar do funcionamento do SITIO, dos seus contidos, produtos e/ou servizos.

O acceso ininterrompido e, en todo momento, do SITIO e dos produtos, servizos e/ou contidos que incorpora.

Os niveis de calidade, interoperabilidade, cantidade e funcionalidade dos produtos, servizos e/ou contidos que incorpora o SITIO.

A adecuación, idoneidade para un propósito particular e/ou específico dos servizos, produtos e/ou contidos incorporados no SITIO.

A veracidade, exactitude, exhaustividade, licitude, fiabilidade, actualidade e utilidade dos contidos.

A ausencia de virus ou doutros elementos lesivos nos contidos ou servizos facilitados a través do SITIO.

O acceso non autorizado e/ou a alteración dos datos almacenados e transmitidos a través do SITIO ou dos servizos que ofrece.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, salvo que expresamente se indique nas condicións específicas, non intervén na prestación dos produtos, contidos e/ou servizos fornecidos por terceiras partes a través do SITIO ou fóra do SITIO. Tampouco supervisa nin exerce control sobre a súa licitude, exactitude, veracidade, idoneidade, calidade, fiabilidade, autenticidade e/ou utilidade, e non ofrece por tanto ningunha clase de garantía sobre estes.

RESPONSABILIDADE

Como usuario es consciente e aceptas de forma voluntaria que a utilización do SITIO, os servizos, contidos e produtos teñen lugar, en todo caso, baixo a túa única responsabilidade. Así e salvo nos casos en que a lei prohiba de forma imperativa limitar a responsabilidade, a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, fronte ao usuario ou cliente, non asume ningunha responsabilidade respecto do acceso e uso do SITIO ou dos produtos, contidos e/ou servizos incorporados, e queda sempre e en todo caso excluída a compensación por lucro cesante.

A título non limitativo, a exoneración de responsabilidade da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza comprende calquera responsabilidades derivadas de:

A ausencia de dispoñibilidade e continuidade do funcionamento do SITIO, dos seus contidos, produtos e/ou servizos.

A interrupción, suspensión ou cancelación do acceso ao SITIO e aos produtos, servizos e/ou contidos que incorpora.

O incumprimento de niveis de calidade, interoperabilidade, cantidade e funcionalidade dos produtos, servizos e/ou contidos que incorpora o SITIO.

A ausencia de adecuación, idoneidade para un propósito particular e/ou específico dos servizos, produtos e/ou contidos incorporados no SITIO.

A falta de veracidade, exactitude, exhaustividade, licitude, fiabilidade, actualidade e utilidade dos contidos.

A existencia de virus ou outros elementos lesivos nos contidos ou servizos facilitados a través do SITIO.

O acceso non autorizado e/ou a alteración dos datos almacenados e transmitidos a través do SITIO ou dos servizos que ofrece.

A falta de licitude, exactitude, veracidade, idoneidade, calidade, fiabilidade, autenticidade e/ou utilidade dos produtos, contidos e/ou servizos fornecidos por terceiras partes a través do SITIO ou fóra do SITIO. En particular e, a título de exemplo, polos danos e prexuízos ocasionados por:

  1. A infracción dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, dos dereitos da personalidade e de toda outra natureza de terceiros con ocasión da transmisión, difusión, posta ao dispor, recepción, acceso, obtención de contidos, servizos e/ou produtos.

II. A realización de actos de competencia desleal e/ou publicidade ilícita.

III. A existencia de vicios e defectos dos produtos, servizos e/ou contidos difundidos ou postos a disposición a través de ou con ocasión do acceso aos servizos, produtos ou contidos do SITIO.

IV. O incumprimento ou cumprimento defectuoso das obrigacións contraídas por terceiros a través de ou con ocasión do acceso aos servizos, produtos ou contidos do SITIO.

Como usuario es consciente e aceptas de forma voluntaria que o terceiro provedor subministrador de produtos, servizos e contidos, alleo á Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ou, fóra do SITIO é o único e exclusivo responsable polos danos e prexuízos que poidan deberse da posta á súa disposición dos seus produtos, contidos e servizos.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza non garante a dispoñibilidade técnica, calidade, exactitude ou veracidade dos contidos, produtos e servizos dispoñibles en sitios de terceiros aos que, como usuario, podes acceder a través das ligazóns (links) desde o SITIO. A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza non os ofrece nin comercializa e non exerce ningún control sobre eles, e non asume ningún tipo de responsabilidade por eles.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Como usuario, recoñeces e aceptas que os elementos do SITIO e de cada un dos contidos, produtos e/ou servizos, así como a súa estrutura, secuencia, organización, presentación dos contidos, bases de datos, programas de computador usados en relación con eles, están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e industrial da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ou de terceiros.

Así, agás que fose autorizado pola Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ou por terceiros titulares, ou que estivese legalmente permitido, como usuario deberás usar os materiais, elementos e información aos que accedes a través do uso do SITIO e de cada un dos Servizos unicamente para as túas propias necesidades, sen realizar nin directa nin indirectamente unha explotación comercial nin dos Servizos, nin dos materiais, produtos, elementos e información obtidos a través destes.

Como usuario deberás absterte de suprimir os signos identificadores dos dereitos (de propiedade industrial, intelectual ou calquera outro) da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza ou de terceiros que figuren no SITIO.

PROCEDEMENTO DE NOTIFICACIÓN DE INFRACCIÓNS

Se consideras que os contidos foron copiados e que se atopan nun lugar accesible no SITIO, de forma que constitúan unha violación de dereitos de propiedade intelectual ou doutra clase, deberás poñerte en contacto co servizo da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza na dirección asmoz@asmoz.org, ou no domicilio social da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza para achegar a seguinte información:

O nome, apelidos, documento nacional de identidade, dirección, número de teléfono e dirección do correo electrónico do reclamante, ou, no seu caso, da persoa autorizada para actuar no seu nome e representación.

Identificación da suposta actividade ilícita e, en particular, cando se trate dunha suposta violación de dereitos de propiedade industrial ou intelectual, descrición precisa e concreta dos contidos protexidos así como a súa exacta localización.

Declaración expresa nos seguintes termos: (a) que a información relativa á infracción dos dereitos é exacta e veraz e o declarante é o lexítimo titular dos dereitos protexidos, e (b) que a explotación realizada é ilícita e vulnerante de dereitos.

DATOS PERSOAIS

Para usar ou ter acceso a algún dos servizos, produtos e/ou contidos do SITIO, a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza poderá solicitarche como usuario que cubras certos formularios de rexistro con datos de carácter persoal. Estes datos persoais trátaos a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza de conformidade cos termos publicados na política de privacidade. Ao completar e enviar os citados formularios do SITIO, como usuario CONSENTES E AUTORIZAS expresamente á Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza para que recade, trate automaticamente e ceda, segundo cada suposto, os datos de carácter persoal que se che solicitaron conforme as finalidades e baixo as condicións detalladas na citada Política de Privacidade.

A Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza adoptou e adoptará as medidas técnicas e organizativas de seguridade que sexan de obrigado cumprimento, de conformidade co estipulado na lexislación vixente. Con todo, como usuario recoñeces e aceptas que as medidas de seguridade na internet non son inexpugnables e que calquera comunicación enviada por este medio pode ser interceptada ou modificada por persoas non autorizadas, pois a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza non pode garantir a plena seguridade do uso do SITIO.

NOTIFICACIÓNS

Salvo estipulación en contra, toda notificación que for necesaria de acordo con estas condicións xerais de uso ou que dalgunha forma estiveren relacionadas coas mesmas, enviaranse por escrito e por correo ao domicilio social da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza abaixo indicado.

EXHAUSTIVIDADE

As cláusulas que integran as presentes Condicións xerais de uso constitúen a expresión formal e definitiva da declaración de vontade das partes. Calquera documento ou declaración previas á entrada en vigor destas Condicións xerais de uso entenderanse definitivamente derrogadas.

RENUNCIA

A renuncia por parte da Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza a exercitar os dereitos que lle asistan en caso de incumprimento dalgunha cláusula das actuais Condicións xerais de uso non deberá ser interpretada como unha renuncia ao seu exercicio fronte a calquera outro incumprimento tanto desta como doutra disposición.

DURACIÓN E TERMINACIÓN

A prestación do servizo do SITIO e dos servizos, contidos e produtos fornecidos por este teñen unha duración indefinida. Non obstante o   anterior, terase por terminada de forma inmediata calquera relación xurídica cando a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza publique novas condicións xerais de uso. O acceso e uso do SITIO supoñerá a plena aceptación das novas condicións e o inicio dunha nova relación xurídica.

En todo caso, a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza está autorizada para dar por finalizada ou suspender, en calquera momento, de forma unilateral e sen máis razón que a súa vontade neste sentido, a prestación do servizo do SITIO e de calquera dos contidos, produtos e servizos.

LEI APLICABLE, IDIOMA E XURISDICIÓN

Estas Condicións xerais de uso réxense pola vixente lei española (con exclusión expresa das normas de conflito). Como usuario, igual ca a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, sométese aos xulgados e tribunais de Donostia – San Sebastián, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponderche, para resolver calquera controversia que puidera derivarse da prestación de servizos do SITIO, dos produtos, contidos e servizos obxecto destas Condicións xerais de uso. Igualmente, a versión en lingua española será a utilizada en caso de dúbida, controversia ou interpretación dos termos das presentes condicións legais.

No caso, de que como usuario teñas o teu domicilio fóra de España, como usuario, igual ca a Fundación Asmoz de Eusko  Ikaskuntza, sométete, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidera corresponder, aos xulgados e tribunais de Donostia – San Sebastián.