PALABRAS QUE ABRAZAN

FÓRMULAS E SAÚDOS DE CORTESÍA

O GRAN MOSAICO DAS LINGUAS

 

Unha residencia artístico-musical en Euskadi, impulsada por Gaztea Kabian para EITB, xuntou a artista galega ANTÍA MUÍÑO, a artista vasca SÜNE e a produtora italiana GRETA CH’ASKA. De aí xurdiu esta colaboración única na que flúen a vangarda e o folclore.🎶

Desta maneira xorde ‘Milaka lore – Miles de flores’, un himno de apoderamento feminista cantado en éuscaro e galego, e que une as tres artistas nun intenso abrazo sonoro a medio camiño entre a canción alternativa, o imaxinario electrónico e a música tradicional tanto de Euskadi como de Galicia. 🎧

Antía Muíño comenta: “A canción é unha homenaxe ás nosas tradicións cunha perspectiva feminista; é un canto ás nosas linguas, ás nosas mulleres, á nosa voz e aos nosos instrumentos (a pandeireta e a trikitixa). Tres mulleres que creamos unha canción apoderada e con identidade”. 💬