PALABRAS QUE ABRAZAN
FÓRMULAS E SAÚDOS DE CORTESÍA
O GRAN MOSAICO DAS LINGUAS
🧱 Miniproxecto: O mural das linguas
❤️ Inspiración: Le Mur des Je t'aime
A continuación, crearedes un mural inspirado nunha obra de arte moi especial: Le Mur des Je t'aime.🧱❤️
Que é Le Mur des Je t'aime?
Este mural, situado no barrio de Montmartre (París), reúne a frase "quérote" escrita máis de 300 veces en 250 linguas.
É un exemplo perfecto de como as linguas poden convivir nun mesmo espazo, celebrando a diversidade lingüística e cultural do mundo.🌍
📋 Pasos para crear o voso mural
Para comezar, localizaredes o mural coa axuda de Google Maps e comentaredes que linguas sodes capaces de recoñecer ou cales vos resultan familiares.
🗺️ Ver o mural en Google Maps:
🔗 Abrir mural en Google MapsDespois, decidiredes que palabra ou concepto queredes representar no voso mural. Podedes manter "quérote" ou elixir outra palabra ou expresión significativa para o grupo.
Por último, traduciredes esa palabra a todas as linguas que coñezades ou atopedes en tradutores dixitais e construiredes o voso propio mural colectivo.🎨
🎨 Creación do mural
Formato: Podedes crear o voso mural en papel (mural físico), nun documento dixital compartido, nunha presentación, ou en calquera formato que elixades.
Obxectivo: Acadar o maior número de linguas posible, representando a diversidade lingüística do voso grupo e do mundo.
Presentación: Ao rematar, cada grupo presentará o seu mural, e explicará que palabra elixiu e por que. Tamén destacará as linguas que máis o sorprenderon.